Acordo no emprazamento do futuro Centro de Atención Terapéutico e Ocupacional de Ourense

0
683

Concello, Xunta e Deputación acordan o emprazamento do futuro Centro de Atención Terapéutico e Ocupacional de Ourense. O Concello pon a disposición da Xunta unha parcela axeitada ás necesidades que reclaman os pais e nais para emplazar o futuro centro terapéutico e ocupacional para a atención ás persoas con discapacidade de máis de 21 anos da provincia (CAPD)

Esta parcela, propiedade do Concello, atópase en Berrocás e conta con máis do dobre de superficie prevista (4.600 metros cadrados). Será preciso unha modificación de uso urbanístico que será sometida a aprobación do Pleno do Concello do mes de marzo, tal e como se comprometeu o alcalde na reunión mantida este 16 de febreiro

A Delegación da Xunta de Galicia en Ourense acolleu unha reunión técnica para analizar a localización do futuro Centro de Atención Terapéutica ás Persoas con Discapacidade de Ourense (CAPD). Neste encontro de traballo participaron o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, en representación do Concello. En representación da Deputación asistiu o seu vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández. Por parte da Xunta de Galicia, ademáis do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e da delegada territorial, Marisol Díaz, tamén estivo presente a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, así como o subdirector xeral de Proxectos e Accesibilidade, Guillermo Ramón Evia Pérez.

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here