En Marea verifica o abandono de Lugo e a súa contorna

0
674

O voceiro do grupo parlamentario En Marea Luís Villares e maila deputada Paula Verao comprobaron esta tarde o desleixo das diferentes administracións coa cidade de Lugo e a súa contorna, tralo percorrido que fixeron polo Lagos de Teixeiro e pola cidade histórica acompañados polos concelleiros e concelleiras de Lugonovo Santiago Fernández Rocha, Cristina Pérez Herráiz e Iñaki García Gómez.

O roteiro comezou pola área natural dos Lagos de Teixeiro “onde constatamos o deterioro deste enclave que foi ata hai relativamente pouco tempo o lugar de esparcemento e recreo para a propia cidade Lugo”. Para Luís Villares é incomprensible este estado de abandono de tendo en conta que “aínda está en vigor un convenio entre a comunidade de montes e a administración pública polo cal se debería garantir a conservación da área natural”.

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here