A campaña informativa posta en marcha pola Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para informar aos consumidores sobre a última sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea relativa ás cláusulas de chan e o procedemento extraxudicial activado polo Goberno central chegará mañá mércores, día 21 de febreiro, a Ferrol.
A charla terá lugar este mércores 22 de febreiro a partir das 19 horas no salón de graos do Instituto Galego de Consumo e da Competencia en Ferrol.
O encontro enmárcanse dentro da campaña que está a percorrer as principais vilas e cidades galegas.
As persoas interesadas tamén poden recibir asesoramento gratuíto a través da web de Consumo, no número de teléfono 900 231 123, nas oficinas municipais de información ao consumidor e nas asociacións de usuarios de Galicia.