Aberto o prazo de inscrición para a 14ª edición do Curtocircuíto

0
199

Xa está aberto o prazo para participar na 14ª edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que se celebrará do 1 ao 8 de outubro deste ano, 2017. Todos os que queiran inscribir as súas curtametraxes poden facelo, de balde a través da plataforma shortfilmdepot.com, sendo a data límite para facelo o 31 de maio de 2017. As curtametraxes teñen que durar un máximo de 59 minutos (títulos de crédito incluídos), deben estar rematadas con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2017 e non poderán enviarse as que xa se inscribiran no Festival en edicións anteriores.

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here