15 cadeas hoteleiras realizan 250 entrevistas de traballo no Centro Superior de Hostalería de Galicia

0
64

O Centro Superior de Hostalería de Galicia celebrou esta semana o Workshop do Club de Antigos Alumnos que neste ano contou coa participación dun total de 15 cadeas hoteleiras e empresas do sector turístico.

Os responsables de Recursos Humanos de Hospes Hotels, Palladium Hotel Group, Oca Hotels, Mandarín Oriental, Ibiza Bay Resort, H10 Hotels, Hoteles Santos, Accor Hoteles, Grupo Hotusa, Iberostar, NH Hotels, Meliá Hotels, Jumeirah e Ibérica Restaurants realizaron un total de 250 entrevistas aos alumnos do CSHG que xa finalizaron os seus estudos así como a aqueles que buscan novo retos laborais.

O obxectivo é que os profesionais formados no Centro consigan novas oportunidades no mercado laboral e colaborar, a súa vez, na mellora do sector turístico coa achega do persoal cualificado.

Leer máis

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here