Galicia ProFilme empeza 2017 cunha formación en aspectos legais

0
48

Galicia ProFilme, o programa formativo para profesionais do audiovisual que promove a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), iniciou hoxe a súa programación anual para 2017 cunha xornada dedicada á legalidade que lles atinxe aos autores deste sector. A sede da Fundación SGAE en Santiago acolleu esta tarde esta primeira sesión, organizada polo Foro de Asociaciones de Guionistas Audiovisuales (FAGA) e o sindicato de guionistas ALMA en colaboración coa Asociación Galega de Guionistas (AGAG).

Os participantes foron recibidos cunha presentación que compartiron Ana Hormaetxea, presidenta de FAGA, e Dolores Meijomín, coordinadora de Política Audiovisual da Agadic, quen coincidiron en sinalar a importancia do coñecemento e da defensa dos aspectos legais, tanto deberes como dereitos, no exercicio da escrita de guións.

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here