O Sergas inicia unha nova etapa coa renovación de catro xerentes

0
520
FEITOS .CLINICO. HOSPITAL. SANIDADE. 22/11/1999 FOTO YOLANDA NIETO

O Servizo Galego de Saúde está a iniciar unha nova etapa nesta lexislatura, para o que está a acometer un proceso de renovación nalgunhas das súas Estruturas Organizativas de Xestión Integrada (EOXIs) coa fin de adaptalas aos novos retos que a Sanidade ten por diante nos próximos anos.

O obxectivo é impulsar a innovación na xestión e a capacidade de adaptación do sistema público ás novas necesidades da sociedade, para afrontar retos como: completar a integración da Atención Primaria e a Atención Hospitalaria; a implantación dun novo modelo de Atención Primaria máis proactivo, resolutivo e cercano á cidadanía; o impulso á mellora continua dos centros hospitalarios; a aposta por novas vías rápidas; e a xestión dos pacientes crónicos e pluripatolóxicos.

Neste proceso está a nomear catro novos xerentes, todos eles médicos, de perfil innovador e con experiencia en postos de xestión sanitaria, para as EOXIs de Santiago, de A Coruña, de Ourense e de Pontevedra.

Dejar respuesta

Please enter your comment!
Please enter your name here